■ Excursión a Lugo: XUVENLUGO ■

 

 
▪ Decembro 2010-Xaneiro 2011 ▪


Máis de 150 rapaces, asisten a "Xuvenlugo", salón de lecer infantil e xuvenil, ubicado no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

A Concellaría de Deportes de Chantada (convidada pola Vicepresidencia Primeira da Excelentísima. Deputación Provincial de Lugo), organizou nos meses de decembro e xaneiro unha serie de viaxes e excursións á capital lucense para asistir a un  Salón de lecer infantil e xuvenil. Durantes tres xornadas: 26 e 27 de decembro e o 4 de xaneiro; máis de 150 rapaces e rapazas   tiveron   a oportunidade de disfrutar dunhas tardes recreativas. O programa da viaxe foi asistencia a Xuvenlugo, situado no Edificio de Feiras e Congresos (perto do Estadio Angel Carro); e constou entre outras das seguintes actividades: Atraccións de feira (coches eléctricos, hinchables, norias, etc.), obradoiros de pintura e xogos populares, videoxogos, karaokes, karts, scalextric, minigolf, etc.

Circuito de Karts Atraccións de Feira

Álbum fotográfico e Vídeo das Xornadas:


Un dos grupos asistentes a XUVENLUGO

© GGF
 

 
 
 

    Optimizado para Explorer v.7 a 1024x768              © Concellaría de Deportes do Concello de Chantada              >> Web oficial das Escolas Deportivas Municipais