![]() |
|||
![]() ![]() |
![]() |
||
|
■ Xadrez ■ |
|||
![]() |
|||
|
(Información sumistrada por Anxo Boán. Círculo Chantadino de Xadrez). ►O DERRADEIRO 17 DE DECEMBRO O CIRCULO CHANTADINO RÉNDEO HOMENAXE AO GM IVÁN SALGADO O Club de Xadrez do Sur lucense, o “Circulo Chantadino de Xadrez”, recen ascendido a primeira división, réndeo o derradeiro venres 17 de decembro unha homenaxe ao Gran Mestre Internacional de Xadrez Iván Salgado, acto ao que acudiron ademais do Gran Mestre homenaxeado, o Gran Mestre Internacional Alexa Strikovic, de orixe Serbio, ademais o Gran Mestre Arxentino Alejandro Hoffman do Circulo Chantadino de Xadrez, o Presidente da Federación Galega Gaspar Pérez Carnero e o Concelleiro de deportes Idelfonso Piñeiro Díaz
O acto comezou cunha breve presentación de Iván Salgado, O Gran Mestre Internacional Iván Salgado. Logo os cativos dunha maneira moi ordenada lle fixeron as preguntas que tiveron por convinte….
Un dos nenos lle preguntou que se sentía cando se era subcampión do mundo, galardón acadado recentemente en Turquía, e Iván contestou que paradoxalmente, o día que resultou ser subcampión do mundo que se sentía moi mal, pois viña de perder unha final, logo á pregunta polo rival máis temido contestou que o rival máis temido era el mesmo…
E así ata rematar un ameno coloquio, cando recibiu unha figura de Sargadelos representativa do Cabaleiro da Ponte do Porco, e un estoxo de viño de Chantada da Adega do Cabo do Mundo.
O Circulo Chantadino de Xadrez agasallou aos cativos asistentes cun pequeno libro onde puideron recoller os autógrafos de Iván Salgado e os outros grandes mestres asistentes ao acto con quen tiveron ocasión de fotografarse tanto de forma individual como colectiva.
E aínda seguimos na cafetaría Hilton onde en partidas rápidas de 5 minutos, tivemos ocasión de amenizar a noite xogando cos grandes mestres, os cales un tras outro nos fixeron sucumbir ante a súa magnífica superioridade.
Ánxo Boán Nota Previa: O VINDEIRO 17 DE DECEMBRO , O CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ RENDE HOMENAXE AO GRAN MESTRE IVÁN SALGADO
O vindeiro 17 de decembro o mozo Gran Mestre de Xadrez Ourensán, que forma parte da Selección Española de Xadrez, visitará as instalacións do Circulo Chantadino de Xadrez con motivo do Homenaxe que este clubs rende a este xadrecista de elite mundial. Ao acto acudirán tamén os Grandes Mestres Alejandro Hoffman, membro do club anfitrión, así como Strickovich constando así mesmo coa presenza do Presidente da Federación Galega de Xadrez, entre outros convidados.
Ás nove da noite o Gran Mestre Ourensán visitará as escolas do Circulo Chantadino onde os nenos poderán ter cumpridas as súas ilusións de estar persoalmente con Iván Salgado e onde terán ocasión de fotografarse co seu ídolo, e incluso pedirlle autógrafos, rematando o acto con unha cea do clube onde se entregará ao Homenaxeado un distintivo da súa visita a Chantada así como do merecido homenaxe que este Club ten a honra de renderlle, para ilusión dos nosos mozos xadrecistas e para exemplo das vindeiras xeracións xadrecísticas diste club do sur lucense.
Ánxo Boán
|
|||
|
Optimizado para Explorer v.7 a 1024x768 © Concellaría de Deportes do Concello de Chantada >> Web oficial das Escolas Deportivas Municipais |
|||