▪ 25-agosto-2011 ▪ O
Concelleiro de Deportes, José Castor Novoa, e membros do Goberno
Municipal clausuran oficialmente o programa municipal "Verán
Deportivo 2011" coa entrega de trofeos nas últimas competicións
programadas de agosto: Tenis e Fútbol Sala.
Máis de 2.000 persoas
participaron nunha nova edición dos "Verán Deportivos"
organizados polo Excl. Concello de Chantada. No mes de xullo
os rapaces e rapazas de Fútbol 11 infantil e Fútbol Sala
feminino asistiron aos torneos da VigoCup en Vigo e Ribadeo
respectivamente. Tamén houbo Ximnasia para adultos no
ximnasio do Pavillón Municipal. Completouse a oferta
deportiva neste mes de xullo cunha rota de mountain bike.
Pero sin dúbida as actividades máis demandadas foron o uso
libre de equipamentos deportivos instalados no entorno das
novasPiscinas Municipais durante todo o
verán: Xadrez
xigante, Tenis de Mesa,
Bádminton, Hockey, Baloncesto, Xogos recreativos e
populares, Volei-praia, etc. No mes de agosto organizouse
ademáis Tenis, un torneo de Fútbol Sala, un Maratón de
Baloncesto 3x3 e Fútbol 7 e Fútbol 11 no Campo Municipal do
Sangoñedo. Esta ano, é como novidade, tamén se ofertou (cunha
boa resposta) a posibilidade de uso libre e gratuito do
Pavillón Municipal,sendo o Baloncesto, o Fútbol Sala
e o Bádminton as actividades máis practicadas. De seguido
ofrecemos varias reportaxes fotográficos e vídeos dalgunhas
das actividades realizadas nestes 2 meses de verán.
Cartel anunciador
das actividades ofertadas neste verán.
As actividades
máis demandadas, foron con diferenza o uso libre e gratuito de
equipamentos deportivos instalados no entorno das Piscinas
Municipais.
►
Reportaxe fotográfico e
video dos cursos e competicións de TENIS:
►
Reportaxe fotográfico e
video do torneo de FÚTBOL SALA:
►
Reportaxe fotográfico e
video do MARATÓN DE BALONCESTO 3X3:
►
Reportaxe fotográfico da
pretemporada dos equipos de Fútbol Alevín e Infantil:
►
Reportaxe fotográfico do
torneo internacional VIGOCUP 2011:
►
Reportaxe fotográfico do IV
Torneo Nacional de Fútbol Sala Feminino Vila de Ribadeo: