 |
|
Aproveitando as vacacións de
Semana Santa, un equipo das Escolas Deportivas Municipais de
Fútbol dirixido por Jorge F. Losada participou na fase
previa do 2º Torneo Internacional organizado pola Escola de
Fútbol de Lalín.
O combinado estivo formado
por alevines de 2º ano e os infantiles de 1º ano (10-11
anos); participando xunto cos seguintes equipos: CD Conxo,
Santa Mariña, Val Miñor, Pontevedra, Pabellón Ourense,
Calasancio, Sp Estrada, Arenteiro, Arzúa, Arrabaldo,
Callobre, Polvorín, Abanqueiro, Barbadás y EF Lalin B.
Os dous primeiros
clasificados xogarán a 2ª fase, contra clubs como o Porto
C.F., Real Madrid, Atlético de Madrid, Sporting de Gijón,
Vitoria de Guimaraes, Celta de Vigo, Deportivo de A Coruña e
E.F. de Lalín.
En canto a resultados, as EDM
Chantada venceron ao Sp. A Estrada e perderon contra o
Pontevedra C.F. e o CD. Conxo.
En resumo unha boa e
diferente experiencia para os nosos rapaces, que pasaron
unha intensa xornada no veciño concello de Lalín, convivindo
con outros equipos da xeografía galega e que ademáis
permitíu que empezaran a xogar xuntos a maioría dos rapaces
que compoñerán o equipo que a vindeira tempada competirá na
Liga Federada Provincial.
|