>>
Programa "Verán Deportivo 2009": Torneo de Tenis.
Durante os meses de xullo e agosto
desenroláronse nas 3 pistas municipais de Tenis diversos cursos
de iniciación e perfeccionamento; dirixidos tanto a rapaces como
a adultos.
Como complemento a estes cursos,
tamén se organizou o tradicional torneo polas festas patronais.
O xoves 20 de agosto foron
clausurados polo Concelleiro de Deportes, Ildefonso Piñeiro, coa
entrega de trofeos e agasallos aos participantes.
Nestes 2 meses de partidos e
adestramentos, foron centos os practicantes que usaron esta
instalación municipal, tanto en uso libre como nos cursos e
competicións.
As actividades foron dirixidas por
José Luis Conde, monitor nacional de tenis e adestrador das
Escolas Deportivas Municipais.