>> Recepción na Exc. Deputación de Lugo

>> Recepción oficial da Exc. Deputación de Lugo aos campións de España de Fútbol Sala.

  • o pasado mércores 29 de abril, tivo lugar ás 11:30 horas, na Exc. Deputación Provincial de Lugo, unha recepción oficial a todos os xogadores lucenses que formaron parte das Seleccións Galegas benxamín, alevín, infantil e cadete (as catro conqueriron o 1º posto nos Campeonatos de España celebradas en Ciudad Real a principios do mes de Abril).

  • O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, o Deputado de Deportes, Antón Veiga, e o Deputado do Partido Popular, José González Barcia, renderon unha homenaxe a todos estes xogadores, e aos seus seleccionadores, que deixaron ben alto o nome de Galicia e de Lugo, repartindo uns agasallos entre os seleccionados.

  • Os rapaces homenaxeados pertencen a equipos como o Azkar Lugo, Burela F.S., Porto Celeiro de Viveiro, C.P. Casás, EDM Guitiriz, E por suposto do Sur de Lugo tamén acudiron Manuel Pérez Moure das Escolas Municipais de Chantada, Adrián Díaz Pérez (Monforte); y Iago Pardo Díaz (A Merced de Sarria).; os 3 xogadores da flamante Selección Galega Benxamín (9 e 10 anos) campeona de España..

 
 
 

    Optimizado para Explorer v.7 a 1024x768              © Concellaría de Deportes do Concello de Chantada              >> Web oficial das Escolas Deportivas Municipais