■ Campionato Provincial Escolar de Bádminton ■

 

 
▪ 8-maio-2011 ▪


Máis dun cento de rapaces e rapazas de toda a provincia de Lugo, disputaron en Taboada, as Finais Provincais Escolares de Bádminton, da campaña XOGADE 2010/2011

Dende as 10:30 da mañán ata as 7 horas da tarde; disputáronse no Pavillón Municipal de Taboada as finais provinciais escolares de Bádminton; en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Durante toda a mañán xogáronse as finais individuais. Pola tarde tivo lugar os enfrentamentos por equipos. As Escolas Municipais de Chantada foron o clube con máis participantes. A nivel de resultados destacar nas competicións individuais a Jesús Boán (subcampión provincial en categoría alevín: 10 e 11
 
  anos); en infantil masculino David Diéguez tamén quedou subcampión provincial e Xabier Sánchez acadou a medalla de bronce; Cristian Antón obtivo a medalla de prata en categoría cadete masculino e Iria Pérez proclamouse campiona provincial en categoría cadete feminina (14 e 15 anos). A nivel de equipos destacar que as Escolas Municipais de Chantada lograron a medalla de prata en cadete feminino, conseguindo o campionato provincial por equipos en categorías infantil masculino e feminino.
 

De esquerda a dereita: Boán e David acadaron a medalla de prata en categorías alevín e infantil respectivamente. Xabier logrou o bronce en infantiles e Cristian o subcampionato en cadete.
 
Iria Pérez proclamouse campiona provincial en categoría cadete feminina; e Sandra obtivo a medalla de bronce
 
O equipo cadete feminino das EDM Chantada acadou o subcampionato provincial, foron superadas por Monforte
 
O equipo infantil feminino das EDM Chantada proclamouse campionas provinciais da súa categoría
 
O equipo infantil masculino das EDM Chantada, obtivo a medalla de ouro

Álbum fotográfico e vídeos do evento:


© GGF
 

 
 
 

    Optimizado para Explorer v.7 a 1024x768              © Concellaría de Deportes do Concello de Chantada              >> Web oficial das Escolas Deportivas Municipais