 |
|
Os días 15, 16 e 17 de abril,
disputáronse nas vilas de Ponteareas e Porriño, o Campionato
Nacional de Fútbol Sala de Seleccións Autonómicas. Dende o
2005 Galicia non era sede deste evento.
Sen dúbida, Galicia dominou o
campionato, quedando campiona en 3 categorías (benxamín,
infantil e cadete) e subcampiona en alevines.
Así, a selección galega
benxamín, liderada polo ourensán Enrique Serantes, impúxose
na final a Andalucía por 5-2. Tamén os infantís, a
cargo de Ibán García e Diego Ríos, leváronse o título ante a
selección andaluza por 7-0, mentres que os cadetes de Manolo
Martínez fixeron o propio, de novo fronte a Andalucía, por
7-7, máis o punto a favor proporcionado polo gol average.
Nas 4 Seleccións Galegas
houbo representación de xogadores do Sur de Lugo: Pedro
Delgado das Escolas Municipais de Chantada en infantiles,
Iago Parga do Colexio Asunción de Sarria en alevines,
Martín Blanco das Escolas Municipais de Monterroso en
benxamines e Ignacio Villamarín dos Meigallos de Sarria en
cadetes. |