■ Campionato
Provincial de Kárate Infantil, Cadete e Xuvenil ■
▪
febreiro-2010 ▪ Os
domingos 13 e 27 de febreiro disputouse en Lugo o Campionato
Provincial de Kárate en categoría provincial nas modalidades de kata
e kumite.
Dirixidos por Iñaki Muñoz,
Cinturón Negro, Xuiz Nacional e adestrador de Kárate
das Escolas Municipais de Chantada, os rapaces da Escola
Municipal de Kárate de categoría infantil, participaron na
capital lucense nas dúas probas celebradas en febreiro,
na modalidade de katas(unha kata é unha secuencia de
movementos, que encadea unha serie de técnicas de
defensa e ataque. En cada unha das kata existe un conxunto
de movementos predeterminados, os
cales poden ser practicados sen
necesidade dun adversario.). A primeira proba celebrouse o
domingo 13, participaron 415 rapaces de toda a
provincia,clasificándose os mellores para a seguinte fase. O
último fin de semana de febreiro, tivo lugar a fase final,
participando os 150 mellores clasificados en categorías
infantil, cadete e xuvenil. Todos os nosos deportivas
tiveron unha boa actuación, destacando Jezrael cun 3º
posto. Ao final do acto, fíxose entrega de trofeos aos
participantes.
Algúns dos
karatekas das Escolas Deportivas Municipais de Chantada xunto con
compañeiros do Chantada Kárate Club, ámbolos dous dirixidos por
Iñaki Muñoz.
Unha das probas
máis espectaculares foi as katas por equipos.
►
Álbum fotográfico do evento:
►
Vídeo dun adestramento da
Sección de Kárate das Escolas Municipais de Chantada: