■ IX  Torneo de Fútbol Sala de base CIDADE DE LUGO ■

 

 
▪ 26, 27 e 28-decembro-2010 ▪


Vintedous rapaces das Escolas Deportivas Municipais de Chantada, participan no IX Torneo de Fútbol Sala Cidade de Lugo, xogando coas Seleccións do Sur de Lugo, de categorías benxamín, alevín e infantil .

A finais de decembro, disputouse na cidade das murallas, a novena edición do Torneo de Fútbol Sala de Base Cidade de Lugo, organizado pola Fundación Azkar. A competición foi diseñada en dúas fases. Na primeira participaron equipos de toda Galicia e na segunda sumáronse equipos de Portugal, Ucraína e do resto de comunidades de España. Neste torneo, as nosas seleccións estiveron formadas na súa maioría por rapaces de Chantada. Os infantiles desenrolaron un gran xogo. Os alevines quedaron empatados a puntos con ED Láncara, pasando esta última a semifinais por mellor diferenza de   goles. Os máis cativos (Benxamines), foron os que acadaron os mellores resultados (3º clasificados). A coodinación dos equipos fou levada a cabo por monitores das Escolas Municipais de Chantada, contando coa colaboración nos equipos benxamines e infantiles de María Ferreiro e Oscar  Serrano (monitores de Fútbol Sala dos Concellos de Taboada e Monterroso respectivamente). Persoal do Clube Meigallos de Sarria dirixíu aos alevines. Sen dúbida unha boa experiencia para os nosos rapaces, que poideron vivenciar e convivir con xogadores e adestradores doutros equipos  de toda Galicia.

Traxectoria dos nosos equipos: Encontros e Resultados:

  Selección Infantil (12 e 13 anos). Resultados:
  >> Cidade de Lugo - Selección SURLUGO 1-5
  >> Selección SURLUGO - Hércules Coruña 4 - 6
  >> Selección SURLUGO - EDM Concello de Curtis 11 - 11

  Selección Alevín(10 e 11 anos). Resultados:
  >> Selección SURLUGO - ED Láncara 3-3
  >> Selección SURLUGO - Azkar Fundación 6 - 0
  >> Selección SURLUGO - Franciscanos Lugo 6 - 0
  * Empatados na primeira posición a puntos, pasa a semifinais Láncara por maior diferenza de goles.

  Selección Benxamín (8 e 9 anos). Resultados:
  >> Hércules Coruña FS - Selección SURLUGO 2-6
  >> Selección SURLUGO - Cidade de Viveiro 11 - 0
  >> Selección SURLUGO - Troula Betanzos "B" 10 - 11
  * Semifinais >> Selección SURLUGO - O Barco de Valdeorras 4-5. CLASIFICACIÓN FINAL: 3º


Álbum fotográfico e vídeos do evento:

Vídeos dos encontros da Selección Infantil SURLUGO:

Vídeos dos encontros da Selección Alevín SURLUGO:

Vídeos dos encontros da Selección Benxamín SURLUGO:

Resumo da 1ª Fase:

Clasificacións Finais da 1ª Fase:

Benxamines   Alevines   Infantiles   Cadetes
1º.- AD Barval EM O Barco   1º.- Mare Nostrum B (Coruña)   1º.- Burela FS   1º.- Hércules Coruña
2º.- Os Meigallos Sarria   2º.- Concello de Curtis   2º.- Hércules Coruña   2º.- ED Láncara
3º.- AD SurLugo   3º.- ED Láncara   3º.- C. Mar San Amaro   3º.- Cidade de Lugo
4º.- O Parrulo B (Ferrol)   4º.- EDM Rábade   4º.- EDM Quiroga   4º.- EDM Cospeito

Clasificacións Finais da 2ª Fase:

Benxamines   Alevines   Infantiles   Cadetes
1º.- O Parrulo Ferrol   1º.- Inter Movistar   1º.- Les Corts   1º.- P.Romero(Murcia)
2º.- C.Mar San Amaro(Cor.)   2º.- Azkar Lugo   2º.- Azkar Lugo   2º.- UD Las Rozas
3º.- Azkar Lugo   3º.- Les Corts   3º.- Colexio Liceo   3º.- Playas Castellón
4º.- CD A Solaina (Narón)   4º.- CPR A Merced   4º.- Hércules Coruña   4º.- Azkar Lugo

© GGF
 

 
 
 

    Optimizado para Explorer v.7 a 1024x768              © Concellaría de Deportes do Concello de Chantada              >> Web oficial das Escolas Deportivas Municipais