>> Instalacións


>> Na actualidade o Concello de Chantada conta coas seguintes instalacións deportivas, utilizadas polos diferentes Clubes da zona e as Escolas Deportivas, agás as Piscinas que son xestionadas por unha empresa privada:


Pavillón Deportivo Municipal
Capacidade: 400 asentos.
Unha pista polideportiva, outra exterior anexa, dous ximnasios e bar.
Seis vestiarios, cinco almacéns, servizos, lavandería e oficina.
Utilizado  polas Escolas Dep. Municipais, o C.B. Chantada e as Ligas de Fútbol Sala.


       [ Dirección: Praza Lamas Carvajas s/nº ]   [ Teléfono/Fax 982462112 ]   [ Ver plano situación/accesos ]   
         


Pistas Municipais de Tenis
Tres pistas regulamentarias. Grada con capacidade para 50 persoas.
Iluminación, servizos e vestiarios.
Empregado de xeito habitual polo Clube de Tenis Chantada, as Escolas Municipais, e tamén se dispón de horario de utilización libre durante toda a semana.

       [ Dirección: Parque Eloisa Rivadulla ]     [ Ver plano situación/accesos ]
                                                          


Estadio Municipal O Sangoñedo
Campo (herba artificial) regulamentario de Fútbol 11 (70x100 m.) e dous de Fútbol 7.
Capacidade: 500 persoas. Vestiarios, iluminación, almacéns e bar
Alberga adestramentos e competicións das Escolas Municipais e a S.D. Chantada.
Actualmente en obras (2ª fase: novas gradas, vestiarios e almacéns).

       [ Dirección: O Seixo s/nº ]     [ Ver plano situación/accesos ]                  
                                                          

 

>> Plano do casco urbano da vila de Chantada coas instalacións deportivas existentes (faga click co rato enriba da imaxe para ampliala):


 

>> Recomendacións de accesos ó Estadio Municipal de Fútbol O Sangoñedo, polas catro vías principais de entrada á vila: Estradas a Lugo, Ourense, Monforte e Lalín (teñan en conta que se exclúen o tránsito por rúas peatonais, direcciósn prohibidas, etc.); (faga click co rato enriba da imaxe para ampliala):

 

>> Recomendacións de accesos ó Pavillón Deportivo Municipal, polas catro vías principais de entrada á vila: Estradas a Lugo, Ourense, Monforte e Lalín (teñan en conta que se exclúen o tránsito por rúas peatonais, direcciósn prohibidas, etc.); (faga click co rato enriba da imaxe para ampliala):


 

 
 
 

    Optimizado para Explorer v.7 a 1024x768              © Concellaría de Deportes do Concello de Chantada              >> Web oficial das Escolas Deportivas Municipais