▪ 14-maio-2011 ▪ Celebrouse
no Pavillón Municipal de Taboada o Campionato Galego de Patinaxe
Artística Escolar, na modalidade de grupos-show.
Organizado pola
Agrupación Deportiva Escolar SURLUGO, a Delegación en Lugo da
Secretaría Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Patinaxe e o
Concello de Taboada; disputouse no Pavillón Municipal de Taboada
a Fase Final do Patinaxe Escolar, na modalide de "grupos-show"
(competición onde se mistura a Patinaxe Artística con coreagrafías e
montaxes en grupo). Ao redor de catrocentas persoas (entre
público, técnicos e rapaces inscritos) participaron neste evento que
se celebrou durante toda a maña do sábado 14 de maio.Asistiron
patinadores de toda Galicia:
Santiago de Compostela, A Coruña, Pobra
do Caramiñal, Xove, Ribeira, etc. Na categoría de primaria
(8-11 anos) proclamouse campión o equipo da A.D. Liceo La
Paz da Coruña e en secundaria (12-15 anos) obtivo a medalla
de outo o Club Brincadeira, tamén da cidade herculina. As
Escolas Municipais de Chantada quedaron empatados en 3º
posición con Compañía de María a 37,1 puntos, decindo o
xurado otorgarlle o bronce ao clube coruñés. Ao final do
acto, o Sr. Alcalde de Taboada Ramiro Moure e a
Tenente-alcalde Srt. Isabel Fidalgo, fixeron dentrega de
medallas e trofeos aos equipos gañadores.