>> Provincial de Fútbol Sala Feminino.

>> O domingo 10 de maio celebrouse en Chantada a Fase Final Provincial de Fútbol Sala en categorías infantil e cadete feminino.

  • Organizado pola Concellaría de Deportes de Chantada, a Federación Galega de Fútbol Sala e a Dirección Xeral para o Deporte, 6 equipos de toda a provincia disputaron durante toda a xornada o título provincial escolar.

  • Pola mañá, xogouse as semifinais en categoría infantil gañando Ribadeo e Cidade de Lugo a Meigallos de Sarria e Mondoñedo respectivamente.

  • Pola tarde xogáronse as finais, vencendo en categoría infantil Ribadeo logo de impoñerse ao Cidade de Lugo. No 3º e 4º posto, o Meigallos de Sarria superaron a Mondoñedo.

  • En categoría cadete, as Escolas Deportivas Municipais de Chantada procamouse campión provincial, ao gañar 5-1 a Guitiriz

  • Próximamente celebrarase o campionato galego coa participación, representando a Lugo, das EDM. Chantada
     

  • Ao final do acto, Tino López (Xefe do Servicio Provincial de Deportes) fixo entrega de medallas, trofeos e agasallos a todas as participantes.

  • Ver álbum fotográfico da xornada.


As Escolas Deportivas Municipais de Chantada quedaron campionas provinciais en categoría cadete.


Ribadeo F.S. logrou o título provincial en categoría infantil.

 

 
 
 

    Optimizado para Explorer v.7 a 1024x768              © Concellaría de Deportes do Concello de Chantada              >> Web oficial das Escolas Deportivas Municipais