▪ 1, 2 e 3-xullo-2011 ▪ Dous
equipos femininos, compostos por rapazas das Escolas Deportivas
Municipais de Chantada e do Clube Meigallos de Sarria, participaron
no IV Torneo Nacional de Fútbol Sala Feminino Vila de Ribadeo.
No primeiro fin de
semana do mes de xullo, disputouse en Ribadeo o IV Torneo de
Fútbol Sala Feminino, coa participación de equipos de toda
Galicia, ademáis de clubes de Asturias, Cantabria, Euskadi e
A Rioxa. En total foron 4 as categorías: alevín, infantil,
cadete e sénior. Con varios anos de colaboración, as Escolas
Deportivas de Chantada e o Clube sarriano dos Meigallos acordaron a
a participación neste torneo de
2 combinados (un infanil e outro cadete) formados
conxuntamente por xogadoras das nosas dúas vilas;
compartindo ademáis gastos de autobuses e estancia. Tamén o
Clube Meigallos aportou o seu plantel de adestradores e as
Escolas Municipia de Chantada equipacións e chándals. A
actividade estivo dirixida por Enrique Saa, adestrador do
Meigallos.
Durante 3 días as
nosas xogadoras poideron disfrutar de xornadas de convivencia con
rapazas de todo o norte de España .
O domingo
celebrouse en Vegadeo a entrega de Trofeos.
O equipo de
categoría infantil clasificouse no 3º posto.
As Cadetes (ata 15
anos) acadaron o subcampionato logo de perder contra o conxunto
vasco Euskal Neskak na final.