► Fútbol Sala Escolar

 

 
▪ 19-novembro-2010 ▪


Comezan as ligas escolares de Fútbol Sala; dentro da campaña de promoción deportiva "XOGADE" da Secretaría Xeral para o Deporte.

Onte venres 19 de novembro, xogouse a primeira xornada da Liga Escolar de  Fútbol Sala da zona Suroeste de Lugo, que abrangue os Concellos de Chantada, Carballedo, Taboada, Antas de Ulla, Monterrooso, Palas de Rei, Friol, Guntín, Portomarín, Paradela e O Páramo. Ademáis en categoría feminina tamén participan conxuntos doutras zonas como Sarria e Lugo Capital. En total perto de 40 conxuntos  e máis de 400 xogadores en

  categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete (mixto, masculino ou feminino dende os 7 aos 15 anos). As EscolasMunicipais de Chantada participan con 13 equipos. As competicións duraran ata 6 meses, clasificándose os mellores para as finais provinciais alo polo mes de abril. Os gastos de mutualide, arbitraxes e autobuses son asumidos integramente pola Xunta de Galicia, contando coa colaboración de Concellos e Agrupación Deportivas.

Momento do partido EDM Guntín - EDM Chantada de categoría infantil celebrado onte no Pavillón Municipal de Guntín.

Vídeo dalgunhas xogadas do partido de categoría infantil entre as EDM Guntín-EDM Chantada:

© GGF
 

 
 
 

    Optimizado para Explorer v.7 a 1024x768              © Concellaría de Deportes do Concello de Chantada              >> Web oficial das Escolas Deportivas Municipais