▪ 16-xuño-2011 ▪ Clausurouse
o Fútbol Sala Escolar no Sur de Lugo. Este ano as finais de copa e a
entrega de trofeos e medallas tivo lugar no Pavillón Municipal de
Taboada.
Rematou unha campaña máis de "XOGADE":
Xogos
Galegos Deportivo en Idade Escolar. Na súa edición
2010/2011 o Fútbol Sala voltou ser a disciplina con máis inscritos. A
competición na nosa zona, abrangue 11 concellos do Sur da
provincia de Lugo: Carballedo, Chantada, Taboada, Antas de
Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Friol, Guntín, Portomarín, O
Páramo e Paradela. En categoría feminina tamén participan
nesta zona equipos de Sarria e Lugo capital. As competicións tiveron unha duración
de 8 meses (dende o mes de novembro de 2010 a xullo de
2011). A Liga xogouse a 1 volta.
A Copa dividiuse en 3 grupos por proximidade xeográfica con
cruces posteriores de semifinais e final Outro elemento digno de mención é o feito de que
cada
partido xógase a catro cuartos de 10
minutos con resultados independentes. Ademáis, e por imposición de regulamento de
competición, todos os rapaces deben de xogar e descansar
polo menos un cuarto en cada encontro. Esta tempada a
Fase Final Comarcal ,nas diferentes categorías, disputouse
en Taboada; Concello este que asumíu os gastos de medallas e
trofeos para todos os rapaces e equipos participantes. Como xa ven sendo
tradicional polo mes de xuño, organizouse un acto de Clausura, que básicamente consistíu na celebración de
diversos encontros entre todos os conxuntos das diferentes
categorías (máis de 40 equipos participantes e máis
de 400 xogadores). Tamén tiveron agasallos os equipos máis deportivos,
adestradores, etc.
►O único equipo que
conqueríu o doblete foi o EDM Chantada infantil; xusto gañador de Liga e Copa.
Destacar que este conxunto tamén quedou subcampión provincial
logo de perder a final contra o Azkar Lugo. Pero por enriba dos
resultados o máis importante segue a ser o nivel participativo:
Esta tempada as Escolas Municipais de Chantada competiron con 16
equipos: 4 benxamines, 4 alevines, 4 infantiles , 1 en cadete
masculino e infantil feminino e 2 prebenxamines (en torneos
amigables en Sarria).
►
Vídeo e Reportaxe
Fotográfico da xornada:
►
Clasificación
Final da Liga (xogouse a unha volta) por
categorías:
Benxamín Mixto
(7-9 anos)
Alevín Mixto
(10 e 11 anos)
Infantil
Masculino
(12 e 13
ano)
1º EDM Chantada
"B"
114
1º EDM Chantada "A"
89
1º
EDM Chantada "A"
39
2º CEIP
Antas de Ulla
106
2º EDM
Portomarín
84
2º Friol
35
3º
EDM Palas de Rei
98
3º EDM
Palas de Rei
80
3º EDM
Palas de Rei
34
4º EDM
Chantada "A"
97
4º
Concello de Monterroso
75
4º EDM
Chantada "B"
33
5º Concello
Chantada "B"
97
5º CEIP
Antas de Ulla
70
5º EDM
Guntín
26
6º EDM Guntín
96
6º
Concello Chantada "A"
70
6º
Concello Chantada "A"
21
7º EDM
Portomarín
92
7º EDM
Taboada
65
7º EDM
Taboada
20
8º Concello
Chantada "A"
89
8º
Concello Chantada "B"
64
8º
Concello Chantada "B"
14
9º EDM
Taboada
78
9º
Friol
63
10º Concello
Monterroso "A"
71
10º EDM
Chantada "B"
60
11º
Concello Monterroso "B"
65
12º EDM
Monterroso
46
▼
▼
▼
*
Clasificados para a Fase Final Provincial: EDM Chantada "B"
e Antas de Ulla
*
Clasificados para a Fase Final Provincial: ED Chantada "A"
e Portomarín
*
Clasificados para a Fase Final Provincial: Chantada
"A" e Friol
Cadete Masculino
(14 e 15 anos)
Infantil Feminino
(12 e 13 anos)
Cadete
Feminino
(14 e 15 anos)
1º
EDM Taboada
1º E.D.
Chantada
1º
Meigallos Sarria
2º
EDM Guntín
2º Cidade
de Lugo
2º Friol
3º E.D.
Chantada "B"
3º A
Merced Sarria
▼
▼
▼
* Clasificado
para a Fase Final Provincial: Taboada
* Clasificado
para a Fase Final Provincial: ED. Chantada
* Clasificado
para a Fase Final Provincial: Meigallos Sarria
Esta
tempada a xornada final da Copa de Fútbol Sala xogouse nos
Pavillóns de Taboada (Municipal, Pista Cuberta do CPI e
Pavillón do IES San Tomé do Carballo) e no Municipal de Monterroso
Membros da
Corporación do Concello de Taboada e da Delegación
Provincial en
Lugo da Xunta
de Galicia entregaron medallas e trofeos a todos os rapaces
e equipos participantes.
Ao final do
evento, os adestradores de cada equipo foron agasallados cun
trofeo en recoñecemento pola súa labor a prol do deporte
escolar.