■ Fútbol Sala Escolar ■

 

 
▪ 11-xuño-2010 ▪


O 2º venres do mes de xuño celebrouse conxuntamente en Monterroso, Antas, Palas e Taboada as finais comarcais de Fútbol Sala en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete (masculino, feminino e mixto), dentro da campaña "XOGADE 2009-2010" da Xunta de Galicia. De Chantada participaron 13 equipos nestas competicións; sendo polo tanto unha das Escolas Deportivas Municipais con máis conxuntos inscritos de TODA Galicia.

Na campaña de promoción de Actividade Física Escolar da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia (denominada "XOGADE": Xogos Galegos Deportivo en Idade Escolar), o Fútbol Sala é cada ano con moito a disciplina con máis inscritos. A competición na nosa zona, abrangue 11 concellos do Sur da provincia de Lugo: Carballedo, Chantada, Taboada, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Friol, Guntín, Portomarín, O Pá- ramo e Paradela. En categoría feminina tamén participan nesta zona equipos de Sarria, Lugo capital e Guitiriz.   Os torneos tiveron unha duración de 7 meses (dende o mes de decembro de 2009 a xullo de 2010). A competición xogouse a dúas voltas. En benxamines, alevines e infantiles a ida chamouse LIGA, e a volta (con outra clasificación independente) denominouse COPA. Outro elemento digno de mención é o feito de que cada partido xógase a catro cuartos de 10 minutos con resultados independentes. Ademáis, e por imposición de regulamento de competición, todos os rapaces deben de xogar e descansar polo menos un cuarto en cada encontro.

►Como xa ven sendo tradicional polo mes de xuño, organizouse un acto de Clausura, que básicamente consistíu na celebración de diversos encontros entre todos os conxuntos das diferentes categorías. Ao final do acto, entregáronse trofeos (subvencionados esta tempada integramente polo Exc. Concello de Monterroso) a os perto de 50 equipos participantes (e máis de 500 xogadores). Tamén tiveron agasallos os mellores xogadores, equipos máis deportivos, etc.


Esta tempada a Clausura do Fútbol Sala Escolar, tivo lugar en Monterroso. O Xefe Provincial de Deportes (José Manuel Rozas), o Alcalde de Monterroso (Antonio Gato Soengas), o Concelleiro de Deportes de Chantada (ildefonso Piñeiro), así como membros da Corporación monterrosina fixeron entrega de trofeos a todos os equipos do Sur de Lugo.
 

Vídeo e Reportaxe Fotográfico da xornada:

 

 Clasificación Final da Liga (1ª volta) por categorías:

Benxamín Mixto
(7-9 anos)
  Alevín Mixto
(10 e 11 anos)
  Infantil Masculino
(12 e 13 ano)
 1º Concello de Portomarín 89    1º E.D. Chantada "A" 101    1º Concello Palas de Rei 17
 2º Club Peluquería M. Friol 89    2º E.D. Chantada "B" 92    2º E.D. Chantada "A" 16
 3º Concello de Monterroso 86    3º Club Peluquería M. Friol 90    3º E.D. Chantada "B" 15
 4º E.D. Chantada "A" 81    4º Concello de Portomarín 70    4º CPI Taboada 12
 5º Concello Palas de Rei 69    5º EDM. de Guntín 67    5º Club Peluquería M. Friol 8
 6º Concello de Chantada 69    6º APA San Miguel Paradela 66    6º Concello de Chantada 8
 7º EDM Guntín 62    7º CPI Taboada 62    7º EDM. de Guntín 7
 8º CEIP Antas de Ulla 61    8º Concello Palas de Rei 62      
 9º APA San Miguel Paradela 55    9º Concello de Chantada 57      
 10º E.D. Chantada "B" 45    10º CEIP Antas de Ulla 53      
 

   
* Clasificados para a Fase Final Provincial: Portomarín e Friol   * Clasificados para a Fase Final Provincial: ED Chantada "A"e"B"    * Clasificados para a Fase Final Provincial Palas e Chantada "A"

   
         
         
Cadete Masculino
(14 e 15 anos)
    Cadete Feminino
(14 e 15 anos)
 

Infantil Feminino
(12 e 13 anos)

 1º Concello de Monterroso 28    1º Meigallos Sarria 22    1º Meigallos Sarria 24
 2º Meigallos Sarria 28    2º E.D. Chantada 20    2º Cidade de Lugo 20
 3º CPI Taboada 22    3º Club Peluquería M.  Friol 15    3º Taboada 14
 4º E.D. Chantada "B" 16    4º Cidade de Lugo 14    4º E.D. Chantada 12
 5º EDM. de Guntín 14    5º EDM. Guitiriz 9    5º A Merced (Sarria) 10
 6º E.D. Chantada "A" 12            

 

 

* Clasificado para a Fase Final Provincial: Monterroso

 

* Clasificado para a Fase Final Provincial: ED. Chantada (Meigallos Sarria elixe clasificarse en Infantiles, pois a maioría das xogadoras son desa categoría)

 

* Clasificado para a Fase Final Provincial: Meigallos Sarria

   

O equipo Alevín E.D. Chantada "A"  gañou claramente o campionato comarcal e quedou Subcampión Provincial logo de empatar 3-3 na Final contra O Azkar de Lugo e perder nos penaltis.

Os Cadetes de Monterroso (dirixidos por Oscar) proclamáronse xustos campións comarcais, ao igual que a pasada tempada.

O equipo Cadete Feminino das EDM. de Chantada quedaron Campionas Provinciais ao gañar a Viveiro e Subcampionas Galegas, ao perder a final contra Ourense.
As Infantiles Femeninas dos Meigallos de Sarria acadaron o Campionato Provincial da categoría ao gañar a Ribadeo, e realizaron un excelente papel na Fase Final Galega (3º)

 Clasificación Final da Copa (2ª volta) por categorías:

Benxamín Mixto
(7-9 anos)
  Alevín Mixto
(10 e 11 anos)
  Infantil Masculino
(12 e 13 ano)
 1º Concello de Monterroso    1º E.D. Chantada "A"    1º Concello Palas de Rei
 2º Concello de Portomarín    2º Club Peluquería M. Friol    2º E.D. Chantada "A"
 3º APA San Miguel Paradela    3º Concello de Portomarín    3º E.D. Chantada "B"
 4º Club Peluquería M. Friol    4º Concello Palas de Rei    4º CPI Taboada
 5º Concello Palas de Rei    5º E.D. Chantada "B"    5º Club Peluquería M. Friol
 6º Concello de Chantada    6º Concello de Chantada    6º EDM. de Guntín
 7º E.D. Chantada "A"    7º CPI Taboada    
 8º E.D. Chantada "B"    8º APA San Miguel Paradela    
 9º EDM Guntín    9º CEIP Antas de Ulla    
     10º EDM. de Guntín    

© GGF
 

 
     
 
 

    Optimizado para Explorer v.7 a 1024x768              © Concellaría de Deportes do Concello de Chantada              >> Web oficial das Escolas Deportivas Municipais