|
Ao igual que o noso
equipo infantil de Fútbol 11, o conxunto alevín (11 anos) de Fútbol
7 tamén xogará esta tempada nas Ligas de Ourense. Pasamos polo
tanto de
competir na provincia de Lugo a disputar a Liga ourensá. Os
beneficios son importantes: Por unha banda lógrase unha reducción de
gastos en árbitros e autobuses; e por outra banda os desprazamentos
son máis curtos, |
|
feito que sen dúbida agradecerán os nosos xogadores.
O noso equipo competirá
na 2ª categoría no grupo A, contra conxuntos de Monforte de Lemos, Ourense
Capital, ademáis de desprazarse a Ribadavia e Carballiño. A plantilla está composta por 20 rapaces
dirixidos por Fran, Técnico Superior en Animación de
Actividades Físicas e Deportivas. |