► Fútbol 11 Infantil

 

 
▪ 18-setembro-2010 ▪


Xa se coñece o calandario de competición da Liga Provincial de Fútbol 11 Infantil. A Liga principiará o 18 de setembro e rematará a principios de maio.

O equipo infantil de Fútbol 11 das Escolas Municipais de Chantada, participará un ano máis na Liga Federada Provincial Infantil (12 e 13 anos) de Fútbol 11, concretamente en 2ª Autonómica-Grupo 9. En total serán 17 os equipos participantes (a última hora renunciou o San Xosé CF). Os 3 desprazamentos máis lonxes serán a Mariña Lucense : Foz, Viveiro e Ribadeo. O equipo estará adestrado por Jorge F. Losada, titulado en esta disciplina   pola Escola de Adestradores da Federación Española. A plantilla estará composta por 21 xogadores, destacando que é unha das mellores xeracións dos últimos anos. Pero non debemos de esquecer que o obxectivo principal seguirá sendo o formativo e participativo sobre o rendemento/resultados; dando prioridade a que todos os rapaces dispoñan de minutos de xogo, ainda que iso conleve perder partidos.

Calendario de competición. Liga Provincial Federada:

© GGF
 

 
 
 

    Optimizado para Explorer v.7 a 1024x768              © Concellaría de Deportes do Concello de Chantada              >> Web oficial das Escolas Deportivas Municipais