|
Como cada tempada no
mes de setembro. principiou a Liga Federada Infantil (12 e 13 anos).
A principal novidade este ano ven polo troco de zona. Pasando de
competir na provincia de Lugo a disputar a Liga de Ourense. Os
beneficios son importantes: Por unha banda lógrase unha reducción de
gastos en árbitros e autobuses; e por outra banda os desprazamentos
son máis curtos,feito que sen dúbida agradecerán os nosos xogadores.
Ademáis e |
|
dada a coincidencia de moitos
desprazamentos cos equipos da Sociedade Deportiva Chantada,
poderase compartir gastos de bus. O noso equipo competirá
no grupo A, contra conxuntos de Monforte de Lemos, Ourense
Capital, ademáis de desprazarse a Ribadavia, A Rúa e
Carballiño. A plantilla está composta por 20 rapaces
dirixidos por Jorge F. Losada, adestrador titulado en
Fútbol. |