|

>>
Patinaxe: 17 de maio, Día do Patín na cidade de Vigo
-
Invitados polo Instituto Municipal
de Deportes do Concello de Vigo, 20 rapaces e rapazas das
Escolas Municipais de Patinaxe Artística de Chantada, realizaron
unha excursión organizada polo Concello de Chantada a cidade
olívica para asistir posteriormente e xa pola tarde a XII
edición do Día do Patín, celebrado no Pavillón das Travesas.
-
Centos de rapaces e rapazas
executaron no transcurso de toda a xornada variadas
demostracións, representacións e coreagrafias co denominador
comúns da súa execución con patíns.
-
Exemplos como este evento (con
centos de participantes) demostra que si se aposta por moitos
deportes "minoritarios", os índices de participación moitas
veces superan a outros deportes "clásicos".

A maior parte dos nosos patinadores
posan co diploma pola súa participación.

Momento da participación
do noso equipo de categoría "primaria".

Aplaudida actuación das nosas
patinadoras, recentemente medalla de bronce no Galego escolar de
Patinaxe Artística.
|
|