▪ 30-abril-2011 ▪ Convidados
polo Real Club Deportivo de A Coruña, medio centenar de rapaces das
Escolas Deportivas Municipais asisten ao encontro Depor-Atlético de
Madrid.
Xa dende hai moitas tempadas, o
Real Club Deportivo de A Coruña, ven periódicamente
convidando aos rapaces de Chantada a asistir a encontros do
seu club nas diferentes competicións nas que participa:
Trofeos Teresa Herrera, Liga e Copa do Rei, UEFA e Champions
League. Nesta ocasión 50 rapaces das Escolas
Deportivas Municipais de Chantada asistiron ao encontro da
34ª xornada de Liga que enfrentou ao Deportivo
contra un
histórico do Fútbol español
como é o Atlético de Madrid. A parte da mera asistencia
a un espectáculo deportivo, entendemos que foi beneficioso
inculcarlles aos nosos rapaces información e valores
sobre un comportamento cívico en espectáculos deportivos
públicos, así como contidos de carácter estrictamente
técnico/tácticos: importancia do quecemento, colocación no
campo, o xogo sin balón, etc.
Momento do
quecemento dos xogadores do Depor.
Quizáis o
empate fora o resultado máis xusto visto os méritos dos 2
equipos
O Atlético
conta con dous dos mellores dianteiros do mundo: Forlán e
Agüero. Curiosamente os dous son auténticos mestres en algo
que a xente non soe valorar: O xogo SIN balón.