■ Exhibición da Copa do Mundo de Fútbol 2010 ■

 

 
▪ 31-outubro-2011 ▪


Máis de 1.000 persoas acudiron ao Pavillón Deportivo de Chantada para ver a Copa gañada pola Selección Española no pasado Mundial de Sudáfrica .

De rotundo éxito se pode calificar a exhibición organizada pola Concellería de Deportes dirixida por José Castor Novoa. Durante o todo o día máis dun millar de rapaces e adultos acudiron ao Deportivo Municipal para poder tocar e coller a Copa que a FIFA entregou a Federación Española de Fútbol pola súa victoria no pasado Mundial. Dende hai meses foi exposta nas principais cidades de España, e o pasado luns estivo toda a xornada na nosa vila. O tirón do Fútbol tanto a nivel de participación, como sobretodo a nivel afecionado, non admite dúbidas e Chantada tampouco é

  unha excepción. Para tal ocasión acondicionouse a pista polideportiva, ínstalándose unha pantalla xigante onde se proxectou varias veces a Final que tivo como rival a Holanda. Tamén os asistentes dispuxeron dunha cámara dixital para lembrar o evento. A continuación poden ollar o álbum fotográfico con varios centos de instantáneas. Todos os retratados que o desexen poderán pedir unha copia en alta resolución (15 megapíxeles); dirixíndose por e-mail á nosa dirección "edchantada@gmail.com", especificando o nome da copia da foto que desexan e o correo electrónico de destino.
 

Os máis ilusionados foron, coma non, os máis cativos

 

Aínda que houbo gran animación toda a xornada, ó maior número de visitantes deuse a partir das 4 da tarde.

© GGF
 

 
 
 

    Optimizado para Explorer v.7 a 1024x768              © Concellaría de Deportes do Concello de Chantada              >> Web oficial das Escolas Deportivas Municipais