▪
15-outubro-2011 ▪ O
vindeiro luns 31 de outubro estará exposto todo o día, o Trofeo
Oficial da Copa do Mundo da F.I.F.A. que a Selección Española de
Fútbol gañou no pasado Mundial de Sudáfrica 2010.
Gracias ás xestións
realizadas por José Castor Novoa, Concelleiro de
Deportes de Chantada, diante da Federación Galega ;
todos os chantadinos e visitantes poderán visionar a Copa
Mundial OFICIAL que a F.I.F.A. entregou en propiedade á
Federación Española de Fútbol por haber gañado a pasado
Mundial de Fútbol 2010 celebrado en Sudáfrica. O
trofeo será exposto toda a xornada no Pavillón Polideportivo
Municipal. Os que o desexen poderán fotografiarse coa
Copa cunha cámara habilitada para a ocasión; fotos
que posteriormente publicaremos
nun álbum nesta web. O trofeo xa foi exposto nestes últimos
meses nas principais cidades de España. Facendo un pouco de
historia dicir que foi deseñado polo italiano Silvio
Gazzaniga e representa a 2 figuras humanas que sosteñen o
planeta Terra. Ata o momento a F.I.F.A. leva entregadas 10
trofeos dende 1974: 2 ás Seleccións de Brasil, Italia,
Argentina e Alemania; 1 a Francia e outra á Selección
Española (no 2010); trofeo este que será exposto na nosa
vila e que será custodiado pola Policía Municipal.
A Copa do
Mundo que a FIFA entregou á Selección Española por gañar o
Mundial do 2010, foi protagonista de numerosos actos por
toda España. O luns 31 de outubro estará en Chantada.
(fotos C.C.
Wikipedia).