|
Na súa paisaxe diversificada
diferenciamos 3 unidades morfolóxicas: ao Oeste la Serra do
Faro, ao Leste a ribeira do Miño e, no centro a chaira (483
m.) , que abrangue a maior parte do termo municipal.
A Serra do Faro (1.187 m.), con disposición Norte-Sur, fai
as veces de liña divisoria de augas e de límite provincial.
Ó sur, nas estribacións da mesma, atópase o Alto de Vales. O
cume do Faro ofrécenos unha gran panorámica dos concellos
limítrofes, e mesmo do Pico Sacro, dos montes do Courel ou
dos Ancares se o día
está claro.

|

► A Ribeira Sacra Lucense
Configurada polos concellos ribeireños dos ríos Miño e Sil:
Portomarín, Taboada, O Saviñao, Chantada, Pantón, Carballedo,
Monforte e Sober, a Ribeira Sacra Lucense ten unha
superficie total de 1.379 Km² e unha poboación de arredor de
56.000 habitantes.
Este espazo físico ten toda unha serie de parámetros ou
características xeográficas que a fan ideal para o retiro e
o lecer.
Alén disto, a orixinalidade física e os parámetros
climáticos, caracterizados por un microclima atlántico
consistente na suavidade das temperaturas ao longo de todo o
ano, ambiente contrastado e seco cunha forte insolación,
propiciou o desenvolvemento dun particular aproveitamento
agrícola: A viticultura. Caracterízase polo cultivo da uva
en socalcos que consegue perfeccionar a personalidade da
ribeira e influíndo nunha paisaxe humanizada modelada ó
longo dos séculos, deu pé as “muras” para asegurar a terra e
aproveitar mellor o terreo. Debido á sacrificada labor de
produción e escasa mecanización, recibe o nome de
“viticultura heroica”
► Mapa
do Concello de Chantada
► Rueiro
da Vila
► Ver
álbum fotográfico de Chantada
►
Descarga a GUÍA TURÍSTICA DE CHANTADA (pdf) |