|
O pasado
domingo 10 e abril, 15 rapazas das Escolas Deportivas
Municipais adestradas por Virginia L. Conde; viaxaron
a terras coruñesas para participar na XII Exhibición
Municipal de Patinaxe de Carral. A continuación
reproducimos a nova recollida na páxina oficial do Concello
de Carral: "O
pavillón municipal de Carral acolleu o domingo 10 de abril,
unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe
Artística. Este acto organizado polo Concello de Carral en
colaboración do club de patinaxe Alquimia, deu comezo ás
17.00 h e rematou sobre as 19.00 h., momento no que todos os
participantes recibiron un agasallo conmemorativo.
Nesta xa clásica cita deportiva, puidemos contar coa
presenza de 7 clubs de patinaxe, colexios e escolas
deportivas municipais de diversos puntos da xeografía galega
-a
EDM de Chantada, o Colexio Torrente Ballester de Cambre, o
C.P. Alquimia de Carral, o Colexio Campomaior de Ordes, o
C.P. Conxuro de Laracha, o C.P. Liceo da Coruña e os
anfitrións, a EDM de Carral-
. En total reuníronse 215 patinadores de idades comprendidas
entre os 3 e 16 anos e moitos máis acompañantes (ao redor de
500 familiares). Conseguiuse así reunir a unha gran mostra
representativa da patinaxe galega, que nos ensinaron as súas
habilidades sobre as oito rodas o longo das 17 actuacións
das que constou o certame. En primeiro lugar foron as máis
pequenas as que nos amosaron as súas aprendizaxes nestes
meses de adestramento. Tomáronlles o relevo as patinadoras
infantís e para rematar amosáronos as súas destrezas as
“veteranas” da especialidade. Tamén temos que destacar
|
|
e agradecer a presenza de Víctor
Abad (club
de patinaxe “Alquimia de Carral”), Sub- campión provincial,
bronce no campionato galego e 8º no de España na categoría
infantil individual. Tamén hai que apuntar a actuación de
Alberto
Artigas e Raquel Rodríguez (tamén
do Club Alquimia), campións provinciais, galegos e terceiros
no Campionato de España na modalidade de parella de danza,
categoría sénior. Todos os deportistas fixeron exhibición da
súa mestría no deporte do patín, para motivar e alentar aos
xoves patinadores, actuacións que ao mesmo tempo
entusiasmaron ao público asistente. O momento máis emotivo
desta Gala foi cando as alumnas e alumnos da Escola
Deportiva Municipal de Carral dedicáronlle a súa actuación e
mostraron o seu apoio e agarimo a Sara
Portela Moscoso,
alumna do mesmo grupo que se atopa hospitalizada. As súas
compañeiras/os levaron a cabo a actuación cunha camiseta na
que se podía ler unha mensaxe de ánimo. Doutra
banda, a concellería dirixida pola edil Beatriz Gómez Bouzas,
está ultimando os preparativos para a realización do
seguinte evento deportivo; o Certame anual de Ximnasia
Rítmica, que terá lugar o próximo 8 de maio tamén no
pavillón do Espiño e na que se espera contar coa presenza de
ao redor de 120 nenas. Todas estas actividades transcorren
dentro do programa de promoción e fomento do deporte que o
Concello de Carral está desenvolvendo durante este ano 2011.
Con este programa deportivo, a autoridade municipal pretende
potenciar a práctica deportiva no termo municipal e en
especial entre un sector da poboación tan sensible como é o
infantil." |