■ Campionato
Galego de Seleccións Zonais de
Fútbol Sala ■
▪
23-xaneiro-2011 ▪ Disputouse
no Pavillón Municipal O Chanto de Sarria os encontros entre as
Seleccións de Fútbol Sala de Base, entre SURLUGO e LUGO CENTRO,
participando 12 xogadores das Escolas Municipais de Chantada.
Como xa ben sendo
tradicional nestas últimas tempadas, nos meses de decembro e xaneiro
celébrase o Campionato Galego de Fútbol Sala en categorías
benxamín, alevín, infantil e cadete. Este torneo, organizado
pola Federación Galega, ten como obxectivo principal formar 12 combinados por
cada categoría, das que posteriormente saíran 12 xogadores elexidos
para formar as Seleccións Galegas e disputar o vindeiro Campionato de España.
A Selección SURLUGO, está costituída por xogadores e adestradores
dos equipos de todo o sur da nosa provincia: Comarcas de Chantada, A
Ulloa, Sarria, Quiroga e Terras de Lemos; ademáis dos Concellos de Friol,
Guntín, e Portomarín. Os
nosos equipos equipos quedaron encadrados no grupo 3,
xunta coas Seleccións de Melide/Arzúa e a da Capital de
Lugo. O pasado domingo, 23 de xaneiro, tivo lugar a 2ª
xornada, impoñéndose os capitalinos nas catro categorías.
Quizáis en benxamines e infantiles, os nosos mereceron
mellor sorte e como mínimo mereceron un empate. En alevines
e cadetes, os combinados de Lugo Centro, mostráronse moi
superiores. En todo caso, quedou claro que foi determinante
as aportacións de xogadores das categorías inferiores do
Azkar Lugo. De seguro que próximamente varios dos nosos
xogadores serán chamados para as concentracións das
Seleccións Autonómicas.
NOVA, engadida o 31/01/2011.
Disputouse nos Concellos de Viveiro e Xove a fase final do
Campionato Galego de Seleccións de Fútbol Sala de Base.
Catro equipos por categoría (os campións de cada grupo)
xogaron pola mañá as semifinais e pola tarde as finais.
>> En Benxamines, quedou campión galego A Selección de A
Coruña, logo de impoñerse na final a Ourense por 4-2.
>> Na categoría Alevín (10 e 11 anos), gañou a Selección
de Lugo Capital a Vigo por 3-2.
>> En Infantiles e Cadetes tamén se proclamou campiona A
Coruña, superando a Selección da Mariña Lucense por 7-4
e ao seleccionado de Vigo por 4-2 respectivamente.
►
Grupos dos Campionato Galego de Seleccións Zonais.
Tempada 2010/11
GRUPO 1
GRUPO 2
GRUPO 3
GRUPO 4
▼
▼
▼
▼
C A T E G O R Í AS:
Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete
A Mariña Lugo
Ourense
LugoSur
Coruña
Ferrol
Pontevedra
Lugo Centro
Santiago
Lambre
Vigo
Melide-Arzúa
Cambre
* Clasifícanse para semifinais os
campións de cada grupo (A disputar en Viveiro/Xove
30-1-2011)
Martín, do
Concello de Monterroso foi o máis destacado dos Benxamines.
A
Selección Infantil fixo méritos para acadar como mínimo un
empate.
SELECCIÓN SURLUGO.
Categoría Benxamín (8 e 9 anos). Adestradores: María Ferreiro e
Óscar Serrano.
SELECCIÓN SURLUGO.
Categoría Alevín (10 e 11 anos). Adestradores: Enrique e Martín de
Meigallos Sarria.
SELECCIÓN SURLUGO.
Categoría Infantil (12 e 13 anos). Adestrador: Jorge F. Losada
SELECCIÓN SURLUGO.
Categoría Cadete (14 e 15 anos). Adestrador: Emilio, do Meigallos
Sarria.
►
Fotos e Vídeos dos encontros:
►
Vídeo do encontro Seleccións
SURLUGO - Lugo Centro (Benxmamines):
►
Vídeo do encontro Seleccións
SURLUGO - Lugo Centro (Alevines):
►
Vídeo do encontro Seleccións
SURLUGO - Lugo Centro (Infantiles):
►
Vídeo do encontro Seleccións
SURLUGO - Lugo Centro (Cadetes):