|
No seu compromiso co deporte
feminino, as Escolas Deportivas Municipais de Chantada
participaran esta tempada 2010-2011 na Liga Provincial
Junior, cunha plantilla de 12 xogadoras. Estarán adestradas
por Manu, xogador do primeiro equipo do C.B. Chantada e
monitor titulado. Ademáis do noso equipo, tamén participaran
conxuntos de Burela, Lourenzá, A.X. Sagrado Corazón e
|
|
Casás, estos dous últimos da
capital lucense. A Liga comezará en novembro e rematará en
Febreiro. As Escolas Municipais asumirán os gastos do monitor,
mutuas, arbitraxes, autobuses, equipacións e material.
Desgraciadamente o noso equipo será o único conxunto
feminino de todo o Sur de Lugo, o que demostra a necesidade
de seguer a promocionar o deporte feminino. |