▪ 4-novembro-2011 ▪ Principiou
o pasado venres o curso de Bailes de Salón/Rimos Latinos no Ximnasio
do Pavillón Deportivo Municipal.
O venres 4 de novembro, deu
comezo o Curso de Bailes, que as Escolas Municipais do
Concello de Chantada vai organizar entre os meses de
novembro ata marzo. As clases estarán dirixidas por persoal
da Escola de Baile Sabrosura de Ourense ( "http://www.sabrosura.es"
), entidade que tamén conta cun centro en Ourense Capital e
que tamén organiza actividades de baile para
concellos
de toda a provincia. As
sesións principiaran todos os venres ás 20:15 horas e terán
unha duración dunha hora. Por cuestións de espazo e a
peticións dos profesores do curso recomendan non superar as
36 persoas por sesión. Dado que na primeira clase xa
asistiron 31 inscritos, advertimos que quedan xa poucas
prazas libres.
Profesores
da Escola de Baile Sabrosura explicando o desenrolo do
curso.