▪ 6-febreiro-2011 ▪ Celebrouse
en Chantada a 1ª Xornada do Bádminton Escolar. Perto dun centenar de
deportistas de todo o Sur de Lugo, se deron cita no Pavillón
Municipal de Chantada, nunha xornada que servíu de preparación para
os Partidos Clasificatorios para as finais provinciais.
Durante toda a maña do domingo 6
de febreiro, de 10:00 a 14:00 horas, ducias de rapaces de
Escolas Municipais, APAS, Clubes e Colexios de todo o Sur de
Lugo (Chantada, Taboada, Carballedo, Portomarín, Sarria e
Monforte de Lemos) disputaron varios encontros que lles
servirán de preparación, para en próximas datas, conquerir a
clasificación para a Final Provincial de Bádminton da
campaña "XOGADE" da Xunta de Galicia. A
xornada estivo organizada polas
Escolas Deportivas Municipais de Chantada e as agrupación
Deportivas Escolares SURLUGO e Río Cabe. O evento foi
coordinado e dirixida por Pilar Barrenechea, monitora de
Bádminton do Concello de Chantada. Disputáronse perto de 90
encontros en categorías Benxamín (8 e 9 anos), Alevín (10 e
11), Infantil (12 e 13) e Cadete (14 e 15 anos); tanto en
categorías masculina, feminina e mixta.
O Pavillón
Municipal de Chantada é dos poucos da provincia de Lugo que
conta con 7 pistas de Bádminton.
A
competición desenrolouse en 4 categorías: Benxamín, Alevín,
Infantil e Cadete.
As competicións
foron coordinadas por PIlar Barrenechea, monitora de Bádminton do
Concello de Chantada, contando coa axuda dos adestradortes de cada
entidade participante.