■ Final zonal
de Bádminton escolar no Sur de Lugo ■
▪
20-marzo-2011 ▪ O
pasado domingo disputáronse durante toda a mañá, no Pavillón
Municipal de Deportes de Chantada as finais do Sur de Lugo de
bádminton escolar en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
Coa participación de
ducias de rapaces e rapazas de Chantada, Monforte de Lemos, Sarria,
Taboada e Portomarín, celebráronse no Pavillón Municipal de Chantada as finais
en categorías benxamín, alevín, infanti e cadete. Durante máis de
catro horas disputáronse perto dun cento de encontros nos 7
campos de Bádminton cos
que conta a pista
polideportiva do noso pavillón. Os mellores clasificados de
cada categoría xogarán a finais do mes de abril a final
provincial escolar en Taboada.
A xornada estivo organizada unha vez máis
polas Escolas Deportivas Municipais de Chantada e as
agrupación deportivas escolares SURLUGO e Río Cabe
de Monforte.
►
Bádminton escolar. Zona Sur
de Lugo. Listado dos 5 primeiros clasificados por categoría: