[1].JPG)
A expedición das EDM. de
Chantada desprazada a Lugo, cos equipos infantil e cadete
feminino e os clasificados masculinos a nivel individual.
[1].JPG)
Podium en categoría
infantil feminina: 1º o CB. A Estrada, 2º o Clube do Mar de
A Coruña e 3º as EDM. de Chantada.
[1].JPG)
>> A continuación reproducimos aqui, a
nota de prensa emitida pola Federación Galega de Bádminton
sobre este campionato, celebrado o pasado 9 de maio en Lugo:
NOTA DE PRENSA:
O CLUB BADMINTON A ESTRADA DOMINA O CAMPIONATO GALEGO
ESCOLAR POR EQUIPOS E INDIVIDUAL DE BADMINTON CELEBRADO EN
LUGO. LOGROU TRES TITULOS EN INDIVIDUAL E DOUS EN EQUIPOS.
O sábado 9 de maio de 2009 o Pavillón Anexo do Pazo
Universitario de Lugo foi a sede do Campionato Galego
Escolar de Bádminton individual e por equipos, dentro do
programa Competición Deportiva en Idade Escolar 2008-2009,
patrocinado pola Consellería de Cultura e Deportes,
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a
Fundación Deporte Galego e organizada polo Servizo
Provincial de Deportes de Lugo, a Deputación Provincial de
Lugo e a Federación Galega de Bádminton.
Un total de 270 persoas entre deportistas e técnicos déronse
cita en Lugo para esta competición que se iniciou ás 10:30
h. coa competición individual e ás 14:00 horas coa
competición por equipos e finalizo ás 20:00 h. coa entrega
de medallas e trofeos.
Na competición individual celebrada pola mañá dominio da
provincia de Pontevedra que logro os catro títulos en xogo,
tres para o CB A Estrada e un para o CB As Neves. Este foi o
podium do campionato:
Categoría Infantil:
Masculino:
1.- Xoel Liñares (CB A Estrada-Pontevedra)
2.- Carlos Nine (CB Outes-Coruña)
3.- Antonio Rodríguez (EDM Cedeira - Coruña)
4.- Fabian Penas (CB A Estrada - Pontevedra)
Feminino:
1.- Ana Reino (CB A Estrada - Pontevedra)
2.- Nerea Gestoso (CB A Estrada - Pontevedra)
3.- Alba Branco (CB As Neves - Pontevedra)
4.- Carla Mouriño (CB Rachaplumas de Vigo - Pontevedra)
Categoría Cadete:
Masculino:
1.- José Manuel Padin (CB A Estrada - Pontevedra)
2.- Javier González (CB Os Sauces de Pontevedra -
Pontevedra)
3.- Diego Otero (CB A Estrada - Pontevedra)
4.- Miguel López (EDM Cedeira - Coruña)
Feminino:
1.- Angela Soto (CB As Neves - Pontevedra)
2.- Andrea Gutiérrez (Club do Mar dá Coruña - Coruña)
3.- Julia Pérez (CB As Neves - Pontevedra)
4.- Marta Forte (CB Os Sauces de Pontevedra - Pontevedra)
Na competición de equipos celebrada pola tarde a provincia
de Pontevedra volveu dominar a competición con tres títulos
por un da provincia de A Coruña.
Categoría Infantil:
Masculino:
O campión foi o EDM de Cedeira que derroto na final ao CB A
Estrada por 3-2.
Terceiro foi o Club do Mar de A Coruña que derroto ás
Escolas de Taboada por 4-1.
Feminino:
As campioas foron o CB A Estrada que derrotaron na final ao
Club do Mar de A Coruña por 4-1.
Terceiras foron as Escolas
Deportivas de Chantada que derrotaron ao CB As Neves por 3-2.
Categoría Cadete:
Masculino:
Campión o CB A Estrada que derroto na final ao CB As Neves
por 3-2.
Terceiro foi o IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia que
derroto ao Club do Mar de A Coruña por 3-2.
Feminino:
Campioas foron o CB As Neves que derrotaron na final ao CB
Rachaplumas de Vigo por 5-0.
Terceiras foron o Club Polideportivo Athlos de Ourense que
derrotaron ao Colexio Sagrado Corazón de Celanova por 4-1.
Fdo. Juan Manuel Vila Mao
Director Técnico Federación Galega de Bádminton