- Xusta victoria do equipo das Escolas Deportivas de Chantada contra os Lóstregos de Lugo 6-5.

Cun equipo debutante na categoría e cunha media de idade de 15 anos, gañar un partido contra equipos de categoría senior (algúns dos cales levan xogando ó Hockey antes de que os nosos naceran), ten moito, moito mérito. ¡¡ ENHORABOA A TODOS!!

- De pé e de esquerda a dereita: Xosé (Chusky), Segun, Anxo, Migolo e Diego. Agachados: Gugus, Brais, Damián e Edi.